Novo curso de baile de salón en Cervo

A asociación Arama ven de anunciar o inicio dun novo curso de Bailes de Salón, que terá lugar o vindeiro 10 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Pavillón do CEIP Península da Paz.

Estas clases botaron a andar no pasado mes de setembro, promovidas pola asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross con gran éxito de participación, con 14 parellas inscritas.

As clases terán lugar cada xoves, en horario de 21:00 a 22:30 horas, no Pavillón do CEIP Península da Paz.

As persoas interesadas poden inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250 ou 620.817.300.

Etiquetas