Ribadeo acollerá un concerto rock en apoio a Darius

Ribadeo acollerá un concerto solidario de rock na rúa San Francisco este sábado, 5 de xaneiro, ás 13:00 horas. Será para apoiar a Darius, un neno ribadense, de 8 anos de idade, que padece atrofia muscular espiñal e polo tanto necesita axuda constante, moitos medicamentos e fisioterapia.

Esta iniciativa está organizada por 5 músicos ribadenses, que son os que ofrecerán este concerto no que se recollerán fondos para apoiar a Darius.

Etiquetas