Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAXove

Chega o Xove Costa Trail para poñer en valor a costa lucense

Por 7 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O domingo 24 de marzo terá lugar o Xove Costa Trail un evento deportivo para poñer en valor o principal recurso natural que hai no concello, a costa coa celebración dun trail polos camiños e sendeiros mariñaos.
Haberá duas distancias, XCT25 e XCT13 , e ademais unha andaina. Na XCT25 sairán ás 10:00 do Portiño de Moras e serán 25.000 m. que pasarán polas Ruinas de San Tirso. Na XCT13 sairán ás 11:15 do Portiño de Moras e serán 13.000 m. A andaina ten prevista a saída ás 10:00 do Portiño de Moras e serán 13.000 m. A inscrición inclúe transporte á saída, bolsa de corredor, avituallamento, seguro e pincho post carreira.

O prezo das inscricións é de 10 euros para a andaina, 18 euros para a XCT25 e ata o día 16, xa que despois serán 21 euros, e para a XCT13 15 euros ata o día 16 para despois ser 18 euros.
Os dorsais poderán recollerse o mesmo día da proba dende as 8:00 h no Centro Cívico de Xove.
A cancelación da inscrición haberá que facela antes do 17 de marzo, despois desta data no se tramitará ningunha devolución. Ata o 1 de marzo será devolto o 100% do importe da inscrición, e entre o 2 de marzo e o día 17 de marzo, será devolto o 75%.