Skip to main content
ActualidadeCervo

O CEIP de Cervo acada un premio do V Concurso de Traballos por Proxectos na Biblioteca Escolar

Por 7 Xaneiro, 2019Sin comentarios


Dous centros educativos lucenses acadaron os premios do V Concurso de Traballos por Proxectos das bibliotecas escolares, convocados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas interdisciplinarias ou de investigación nestes espazos. En toda Galicia foron premiados 17 centros educativos.
Os centros da provincia galardoados foron na primeira, dirixida a proxectos de carácter interdisciplinario ou Proxectos Documentais Integrados, e na segunda modalidade, de proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento. Neste seguindo resultou premiado o IES Xoán Montes (Lugo). Na primeira modalidade, na provincia foi galardoado o CEIP de Cervo, polo traballo Cervo alén de Europa.
Esta convocatoria enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares 2016/20, que ten entre os seus obxectivos propiciar a aprendizaxe por proxectos e outras metodoloxías activas, empregando os recursos e servizos da biblioteca. Deste xeito favorécese o traballo en equipo, intercentros, así como o desenvolvemento das competencias clave e, en concreto, a mellora da competencia informacional e mediática (ALFIN/AMI).