Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Fitur e os orzamentos, temas do Pleno da Mancomunidade de Municipios da Mariña

Por 8 Xaneiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A Mancomunidade de Municipios da Mariña celebrará mañá, 8 de xaneiro, pleno ordinario ás 20:00 horas no Vicedo. Na sesión abordaranse temas como os plans Avanza e Catuxa, os orzamentos para este 2019 e tamén a presenza da Mancomunidade na vindeira edición de Fitur.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, explicou que “mañá corresponde facer un pleno ordinario da Mancomunidade de Municipios, xa tíñamos que telo feito en decembro, pero dado que eran datas de moita ocupación para moitos alcaldes e persoal dos Concellos foi difícil. Entón terá lugar mañá, día 8, ás oito da tarde, no Vicedo”.
Llano dixo que “neste pleno basicamente o que se vai tratar é de aprobar os orzamentos para 2019 e ver como vai todo o que está en marcha agora mesmo na Mancomunidade, como é o plan integrado de emprego, a recollida selectiva de aceite e roupa, e o plan Catuxa. Todo aquilo no que estamos traballando agora mesmo e que se está levando a cabo desde a Mancomunidade”.
O presidente da Mancomunidade indicou que “tamén imos falar de Fitur. Aproveitaremos para coordinar o que imos facer alí, as datas de presentación, cando temos que ir e o que temos que levar desde os Concellos para que se recolla no noso stand. Ademais imos levar uns dípticos da Feira Expomar para que se coñeza o que é a comarca a través dunha feira exposición dese tipo”.
Alfredo Llano engadiu que “se trata de facer unha reunión para falar de Fitur, dos orzamentos e dos proxectos que se están acometendo agora mesmo na Mancomunidade. Tamén falaremos de todos os plans, tanto turísticos como doutra índole, que corresponde realizar neste ano 2019”.