Skip to main content
ActualidadeViveiro

O BNG de Viveiro segue coa súa loita pola limpeza da ría

Por 8 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O BNG de Viveiro amósase “sorprendido e preocupado” dunha alcaldesa “que non é capaz de dar solución aos problemas do Concello e de como ataca a outras forzas políticas e colectivos veciñais por moverse e traballar en prol dos intereses da veciñanza do pobo”.
O BNG de Viveiro rexistrou o 23 de xuño de 2017 no Concello de Viveiro unha petición formal detallada sobre a situación das obras recollidas no convenio asinado polo Concello e a Xunta en setembro de 2016 que incluía a substitución do emisario, a mellora da rede de saneamento e as melloras na EDAR. “Tamén solicitamos os prazos previstos para o comezo das obras da substitución do emisario de Viveiro, sen que a día de hoxe tivesemos resposta por parte do Concello”.
A cronoloxía das accións levadas polo BNG neste tema inclúe a concentración na Praza do Náufrago de Celeiro (11/02/2018); reunión coa eurodeputada do BNG Ana Miranda para levar a cuestión ao Parlamento Europeo (14/02/2018); preguntamos no Parlamento Galego onde o Director de Augas de Galicia acusa ao Concello de non dispor de autorización de Costas (23/03/2018); un mural reivindicativo xunto coa veciñanza (11/06/2018) e agora, “impulsamos esta recollida de sinaturas que resultou ser un éxito onde participou unha trintena de colectivos (07/01/2019)”. Con todo isto o BNG deixa claro que se trata dun traballo constante que tras ano e medio de accións evidencia a única resposta da alcaldesa, onde chama “intereses partidistas” ao traballo constante ao que non están acostumados na corporación municipal.
“Se o BNG non dispón de información directa do Concello é porque esta foi negada non seu momento, máis iso non implica o descoñecemento, pois o traballo parlamentar do BNG, o acceso público ao Convenio e outros documentos, anuncios de prensa e o contacto coa veciñanza permítenos coñecer a situación actual”, explican.
“Rexeitamos que o Concello non sexa corresponsable do retraso na execución das obras xa que o convenio resalta que o Concello é responsable de “dispor dos terreos, e asumir as xestións pertinentes para obter os permisos necesarios”. En febrero de 2018, en resposta á pregunta formulada polo BNG no Parlamento Galego, Augas de Galicia declara carecer de permiso de Costas. O Goberno Municipal amosouse sorprendido da falta deste permiso, ignorando este feito e tratando novamente de eludir a súa responsabilidade. Non foi pois até abril de 2018, 20 meses despois da sinatura, cando o Concello obtén os permisos de Costas”, engaden.
“Queremos volver a agradecer aos colectivos asinantes do Manifesto pola Rexeneración da Ría, así como a todas e todos os participantes nos diferentes actos realizados no tempo, e sinalar como finalmente a presión social obtén resposta, aínda que consideramos que foi moi negativa xa que uha alcaldía deberá estar do lado da maioría plural e diversa, que miran dunha ría que é de todas. Dixémolo, dicímolo e dirémolo: A ría non é un vertedoiro”, conclúen.