Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXAFoz

Dous estudantes de París fan prácticas hostaleiras na Mariña a través do IES de Foz

Por 10 Xaneiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Dous estudantes do Lycée Guillaume Tirel, de París, realizan prácticas durante un mes en empresas hostaleiras da Mariña por iniciativa do IES de Foz.
Desde o centro educativo focense explican que “froito da colaboración Erasmus+ entre o IES de Foz e o Lycée Guillaume Tirel, de París, xurde a posibilidade de que alumnos do centro francés realicen prácticas en restaurantes da comarca. O IES de Foz ofreceu un abano de posibilidades para que elixiran as máis convenientes. As empresas elixidas foron o Hotel O Cabazo, de Ribadeo, onde ofrecen tamén aloxamento e manutención ós alumnos e o Parador de Ribadeo. O modelo de Paradores de Turismo de España forma parte do currículo dos estudos de hostalería en Francia”.
A dirección do IES de Foz engade que “os alumnos aproveitarán a estancia para coñecer a comarca e a oferta turística e gastronómica galega. Están acompañados estes primeiros días pola profesora Mar González, profesora de español no instituto francés. Esta iniciativa é o inicio dunha colaboración estable entre os dous institutos co fin de ampliar o número de alumnos, de empresas e mesmo a posibilidade de enviar alumnos do noso instituto a París. A experiencia é moi positiva tamén para os alumnos do IES de Foz, que aproveitan esta oportunidade para practicar o idioma e coñecer outras culturas”.