Skip to main content
ActualidadeOurol

Ourol recibe con moito agarimo a Sabela

Por 10 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Sabela Ramil foi recibida a primeiros de ano como a campioa que é en Ourol, a terra que a veu nacer. Unha cita que permitiu á moza de Operación Triunfo gozar en directo do agarimo dun público que a acompañou semana tras semana durante o seu paso pola academia do programa musical de televisión.
Sabela Ramil, unha moza que aos 25 anos é unha das persoeiras máis coñecidas na súa terra natal, Bravos, tralo seu exitoso paso polo concurso televisivo Operación Triunfo. Sabela quedou cuarta neste certame e recibiu unha homenaxe no seu municipio natal. O acto organizouno o Concello, onde o seu pai, Francisco Ramil, é concelleiro de Cultura. Ademais, no acto colaboraron a Asociación Aturuxeiros, da que Sabela é fundadora e directiva. Foi un emotivo recoñecemento a petición de todos os veciños e amigos, contan os seus achegados.
Unha festa ao grande, na que non faltaron as sorpresas como a presenza da cantante Rosa Cedrón, pero tamén de Mateo, o seu compañeiro de dúo musical ou a banda de tambores da que Sabela forma parte e da asociación Aturuxeiros de Bravos. Ademais, presentouse a primeira das confirmacións do festival, na que Rosa Cedrón será a cabeza de cartel.

A pontesa Sabela Ramil foi unha das 16 candidatas para entrar na Academia de Operación Triunfo. De 24 anos e con raíces en Bravos, Ourol, é unha moza con traxectoria artística. Ven dunha familia de músicos, ademais comezou a tocar a gaita con apenas seis anos. Tras isto iniciou estudos de clarinete nos conservatorios da súa localidade natal, de Ferrol e A Coruña. É terapeuta ocupacional e musicoterapeuta. Esta última técnica axúdalle no seu traballo con persoas discapacitadas intelectualmente, enfermos mentais, persoas en risgo de exclusión social ou terapias con bebés.