Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXABarreiros

Os pensionistas de Barreiros continuarán manifestándose na procura de melloras

Por 11 Xaneiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Os pensionistas de barreiros continúan coas súas manifestacións reclamando 0 aumento da contía das súas retribucións así como cambios na política laboral.

Segundo indican dende a organización, “o pasado 28 de decembro o goberno promulgou o Real Decreto 28/2018 de 28 de decembro, no que acorda e ratifica a suba do 1,6%. A loita dos pensionistas de Barreiros vai dando algún resultado”. O Goberno anunciou tamén  a paga compensatoria do 0,1% antes de abril para evitar a perda do poder adquisitivo. “Pero aínda quedan moitas cousas fóra dese decreto, coma o novo índice de revalorización das pensións que anunciaban para 2020, para substituir ao índice do 0,25% que era o teito de suba que ata agora había establecido”, engaden.

O que sí inclúen no Real Decreto 28/2018 é que para este ano 2019, aqueles que se xubilen terán que facelo aos 65 anos e 8 meses (ata agora eran 65 anos e 6 meses) sempre e cando se teñan cotizados 36 anos e 9 meses, todo esto en virtude daquela reforma das pensións de 2013 na que deseñaron a aplicación da xubilación aos 67 anos.

Os pensionista anuncian que este ano terán novas accións e actividades e tamén amosaráns “a súa solidariedade e a colaboración con todas as causas xustas que se reivindican na Mariña, como é ter mellores servizos públicos, mellor sanidade e mais emprego”.

Algunhas das súas reivindicacións son a derrogación das reformas laborais, a aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores, a supresión do factor de sustentabilidade, a pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional, o recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións, a confirmación da  actualización anual das pensións en base ao IPC, o blindaxe do sistema público de pensións ou unhas pensións dignas e con poder adquisitivo.