Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Que facer cos aforros?

Por 11 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Por Rubén Castro

maioría da xente non sabe sacar proveito dos seus aforros nin dos servizos que ofertan os bancos; esta é a conclusión á que cheguei como asesor financeiro despois de reunirme con centos de clientes durante varios anos. O que quero dicir con isto é que, segundo a miña experiencia, a maior parte da poboación só ten contratada na banca tradicional unha conta corrente con tarxetas de crédito e, se o precisan, un préstamo ou hipoteca. Nalgún caso, hai quen ten algún plan de aforro, pero, aínda tendo algún destes servizos, a maioría non saben se son idóneos para eles, os custes que teñen, como é o seu funcionamento, en que activos están os seus aforros a devandita inversión e, o máis importante, se son seguros.

O certo é que non somos conscientes de que mentres todos os aforros estean en contas sen remunerar, en depósitos con intereses moi baixos, ou incluso, noutros servizos nos que se poidan conseguir rentabilidades baixas, estamos perdendo poder adquisitivo; poderemos ver o noso patrimonio subir, pero sempre será debido ó esforzo profesional, non serán os aforros os que nos axuden a manter o noso poder adquisitivo.

Aquí van algunhas cuestións interesantes para os lectores sobre a banca e os aforros: ¿Pensan que a banca tradicional pode dedicar o tempo suficiente a cada usuario para planificar os seus aforros a corto ou largo prazo? ¿A banca tradicional pensa realmente no que o cliente necesita ou nos produtos que ten que colocar en cada momento? ¿Dálle a banca tradicional a cada usuario toda a información que necesita sobre a idoneidade e a seguridade dos produtos que está contratando? Todos estaremos de acordo nas respostas, por isto a banca personal permite adicarlle a cada persoa o tempo necesario e planificar así a súa vida financeira da forma mais segura posible.

É por isto que contar cun asesor financeiro resulta fundamental para coñecer en profundidade os servizos bancarios e saber cales son os axeitados para cada tipo de persoa. Esta é a miña profesión: axudar ós meus clientes a conseguir os seus obxectivos partindo de tres pilares básicos: asesoramento, seguimento a cada cliente e transparencia. Asesoramento porque cada cliente adquire un coñecemento financeiro básico que lle permite entender calquera produto que lle poidan ofrecer. Ademais ofrézolle a cada persoa un estudo personalizado onde o seus aforros estean asegurados e lles axuden a conseguir os seus obxectivos vitais. Seguimento porque a relación cos clientes é constante, de xeito que lles aporto información actualizada de cada unha das súas posicións. Cos anos, pode cambiar a súa situación económica, pero sempre estou ó lado do cliente para que o seu patrimonio non se devalúe polo efecto da inflación e para que ao final consigan os seus obxectivos co menor esforzo posible. Por último, transparencia porque o que conseguimos é que o cliente coñeza os custes que pode ter cada solución financeira ata saber como traballa e onde está cada parte do seu patrimonio. Todo este proceso chámase “Planificación Financeira” e del trataremos en vindeiros artigos.