Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Veciños de Lourenzá devolven á visita aos da Rúa participando na Festa do Codillo

Por 11 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Lourenzá organiza unha viaxe a Rúa, Valdeorras para o día 26 de xaneiro con motivo da invitación por parte do Concello da Rúa de Valdeorras para a súa tradicional Festa do Codillo. Esta visita correspóndese á invitación que fixeron dende Lourenzá aos veciños de Rúa na Festa da Faba.
A Festa do Codillo terá lugar a partir das 14.30 horas no Pavillón Polideportivo da localidade ourensá e veciños e visitantes poderán degustar un menú a base de consomé, chourizo, codillo de porco, grelos, cachelos, pan, viño, bica, café e licores, a 15 euros. O prezo do menú inclúe unha cunca de agasallo.
O programa de actividades conta ademáis do xantar popular, cun acto de homenaxe ás entidades e persoeiros determinados este ano pola corporación municipal así como a participación de distintos grupos de cantos de taberna nos establecementos hostaleiros da localidade ao longo da tarde.