Skip to main content
ActualidadeViveiro

O Concello de Viveiro inicia as obras nas beirarrúas da rúa Cidade de Ortigueira

Por 15 Xaneiro, 2019Sin comentarios

No Concello de Viveiro iniciáronse as obras de reposición de beirarrúas no primeiro tramo da rúa Cidade de Ortigueira, en Covas, cun orzamento de contrata de 43.606,13 euros.
A rúa forma parte do viario da zona coñecida como cidade veraniega de Covas, sendo un vial onde prima a edificación residencial unifamiliar. Este vial comunica a estrada C-642 co paseo marítimo de Covas, atravesando a avenida de Vilalba e sendo unha das arterias de conexión coa praia de Covas. A día de hoxe, a rúa consta de dous tramos, un dende a C-642 ata a Avenida de Vilalba e outro dende a Avenida de Vilalba ata o paseo marítimo de Covas. Ambos tramos presentan unha situación circulatoria similar, primando a circulación rodada fronte á peonil, dada a inexistencia de beirarrúas que permitan o transcurso peonil das persoas. Unha das zonas do vial ten un pequeno tramo con beirarrúas, sendo discordante co criterio usado na actualidade na zona de Covas, o resto do vial non posee beirarrúas.
Con estas obras preténdese seguir co proceso mellora do entorno da praia de Covas, un lugar de moito tránsito rodado e peonil cunha masiva afluencia de xente en época estival. En concreto, vanse realizar as seguintes actuacións, restituir o tramo de beirarrúa existente próximo ao C-642, homoxeneizalas coas realizadas recentemente noutras zonas de Covas, crear beirarrúas no resto do vial, dotar da instalaciónd e canalizaciónd da rede de alumeado público en todo o vial e repoñer as luminarias no tramo comprendido entre a Avenida de Vilalba e o paseo marítimo.
Esta obra está incluída no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2018, sendo financiada entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro.