Skip to main content
ActualidadeViveiro

Roq Aventura espera a autorización de Augas de Galicia para comezar a construción dun parque

Por 19 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A empresa viveirense Roq Aventura que se adica dende fai anos á organización de eventos deportivos, xogos de aventura e animación fixeron realidade a creación dun parque de aventura na vila, que será o primeiro parque aventuras da provincia lucense. Para iniciativa contaron co apoio e tamén axuda de diferentes comunidades, como Monte Maior, San Roque e Penedo do Galo, de Viveiro,
Esta futuro parque situarase na cima do Monte San Roque de Viveiro e a intención é que empece a operar antes da Semana Santa. Este proxecto, que xerará varios empregos, sobre todo na época estival, a que se supón de maior actividade polo bo tempo, estará xestionada nun primeiro momento pola empresa, que conta con catro traballadores.
Para facer realizade este proxecto, as distintas comunidades cederon en conxunto uns 20.000 metros cadrados de terreo próximas á zona do Semilleiro, onde está a reserva de animais creada polos comuneiros, sobre a que se colocarán as distintas pasarelas e xogos, e tamén aporta o peche do recinto, o que supón unha contribución económica duns 60.000 euros, que foron aportadas pola Xunta de Galicia.
Os creadores deste parque esperan que reporte un beneficio importante ao concello, pero tamén á comarca. Ademais, estudarán a posta en marcha dun aula da natureza aproveitando os recursos de flora e de fauna.
A instalación do parque, cuxas obras se acometerán en case dous meses a principios deste ano, estará rodeada de árbores. Tamén farán a colocación de catro circuítos de diferente dificultade, o que o fai apto para todas as idades. Estiman que 50 persoas poderán gozar á vez dos circuítos, aínda que a intención é ir ampliando o parque na medida do posible.
A posta en marcha dependerá da consecución dos permisos necesarios, xa que se requiren autorizacións de varios organismos, como Augas de Galicia, dado que a área destinada a parque está atravesada por un río e disposta en forma de terrazas.
Percorridos. Os percorridos adaptaranse á destreza de cada persoa, polo que a duración estará determinada por cada persoa. Cada participante levará unha liña de vida do principio ao final do itinerario, polo que o risco de caída será cero. Ao final de todos os circuítos e de todos os xogos haberá unha tirolina para rematar dunha forma divertida.