O 23 de marzo volverá ao Valadouro o tradicional Mercado de Primavera

O sábado 23 de marzo o Concello de Valadouro celebrará como é tradicional o seu  Mercado de Primavera.

Ademais das típicas vendas e degustación dos produtos tradicionais, a hostaleria da vila ofrece nese fin de semana unha xornada gastronómica adicada ao tapeo máis variopinto. Conferencias e coloquios sobre a produción agraria do val, mostra de artesanía, música de gaitas, son algúns dos moitos actos que se poden ver neste Mercado Tradicional.

Durante estes días hai unha gran cantidade de actividades: unha ruta de a  tapa na que participan a maioría dos establecementos da zona, conferencias sobre temas relacionados co municipio, mostras de  artesanía local, concertos de grupos da zona, o fotoenxebre, olimpíadas rurais, venda e degustación dos produtos autóctonos…e  cantos de taberna polas rúas e establecementos da zona.

Tamén celebrarase o desfile de zocas, que é un dos momentos máis divertidos da xornada.  Nel pode participar calquera persoa, sexa residente do municipio ou estea de paso, para mostrar as súas zocas. Pódense ver marabillas de todos os tipos: máis tradicionais, de cores rechamantes, con motivos infantís, decoradas con bonecos ou mesmo imitando zapatillas  deportivas. Tras o desfile e a posterior votación do xurado elíxese unha persoa gañadora como orgullosa propietaria das mellores zocas dese ano.

Etiquetas