Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

A Festa da Árbore de Mondoñedo será o 2 de febreiro

Por 21 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A Festa da Árbore de Mondoñedo, que suma 450 anos de historia e que está sendo organizada pola Asociación Pasatempo terá lugar o sábado 2 de febreiro, baixo un programa que dará comezo ás 10.30 horas co Roteiro da Árbore a cargo de Francisco Piñeiro, con saída dende a Catedral e remate na casa de Luís Luaces. Ás 12.00 horas, sairán as carrozas dende a casa de Luís Luaces (Peña de Francia) acompañadas da GaitaEscola Mondoñedo.
O pregón será ás 13.00 horas, na Alameda, a cargo de Antonio Reigosa (Cronista Oficial de Mondoñedo). Ás 13.30 horas, procederase a plantación de árbores e recital de poemas con acompañamento musical e o descubrimento de placa conmemorativa, así como a entrega de premios do VIII Concurso de debuxo da árbore. Xa as 14.00 horas, celebrarase o concerto da Banda de Música Pascual Veiga de Mondoñedo no Quiosco da Alamada e a desgustación gratuíta de liscos, pan e viño.
Ás 16.30 no auditorio haberá un taller de bonecos de cartón e contacontos con Ton Arenas e exporanse tamén neste recinto os debuxos dos participantes do concurso de debuxo da árbore. Despois, ás 18.30 horas, no mesmo auditorio será a actuación de Kote Malabar e as 20.00 horas haberá unha animación musical a cargo de GaitaEscola Mondoñedo polos bares da cidade (se chove, os actos serán no auditorio). O luns 4 de febreiro ofreceranse charlas no colexio  e no instituto a cargo de Roberto Reigosa.