Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O BNG Presenta a candidatura conxunta ás eleccións europeas con EH-BILDU e ERC

Por 21 Xaneiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

BNG presentará a vindeira semana en Santiago de  Compostela a candidatura conxunta con EH-Bildu e ERC ás eleccións europeas do 26 de maio, no que será o primeiro acto oficial desta coalición de forzas soberanistas das tres nacións sen estado, -Galiza, Euskadi e Catalunya-, á que despois seguirán outros no País Vasco e en Catalunya.
O acto formal de presentación terá lugar na capital galega e contará coa presenza de candidata do BNG, Ana Miranda, de Josu Juaristi, por EH-Bildu e de Diana Riba por ERC. Ademais, tamén contará coa intervención da portavoz nacional, Ana Pontón, en nome da forza política que actúa como anfitrioa.
Esta candidatura conxunta, -que contou co apoio do máis do 90% da militancia do Bloque-, é unha aposta estratéxica para o nacionalismo galego que vai moito máis aló da conxuntura electoral e recolle como bases políticas a defensa de Galiza como nación, do dereito de pobo galego a decidir libremente o seu futuro e da súa soberanía política, defensa dos intereses do país, da súa capacidade produtiva, de xeración de riqueza e emprego digno na terra.
Igualmente, combate o modelo ultraliberal da Unión Europea e defende os principios democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, dos dereitos humanos e dereitos fundamentais, da igualdade, da xustiza e da cooperación entre os pobos en pé de igualdade.
A dirección do Bloque destaca que, tendo en conta a circunscrición electoral estatal, está candidatura conxunta representa unha garantía real de defensa dos intereses dos galegos e das galegas na Eurocámara sen condicionamentos alleos.