Skip to main content
ActualidadeViveiro

Un total de 74 estudantes de Viveiro contan coa axuda do Concello para sufragar o transporte aos seus centros

Por 21 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Neste curso escolar 2018/2019 o concello de Viveiro continúa co seu compromiso de financiar o transporte aos estudantes que se desprazan  fóra de Viveiro por motivos académicos.
Dende o inicio deste curso escolar son 74 os estudantes inscritos; destes, 25 desprázanse a Santiago; 15 á Coruña; 2 a Lugo; 16 a Burela; 10 a Xove; 5 a San Cibrao e 1  a Mondoñedo.
O Concello asumiu un importante compromiso económico financiando a metade do importe de cada viaxe e, deste xeito, o prezo final a aboar por parte dos usuarios viuse reducido de forma considerable. Dende o inicio do curso escolar, en setembro de 2018, e ata o día de hoxe, este servizo tivo un custo de 5753,47 €.
Na mesma liña, cómpre facer referencia ao servizo de transporte escolar gratuíto, para desprazarse a Xove, San Cibrao  e Burela, que empregan os estudantes de Viveiro que cursan estudos de Formación Profesional ou Bacharelato nalgún centro deses municipios. Neste curso son 31 os estudantes que o empregaron a diario para desprazarse ás localidades onde cursan os seus estudos. Dende  setembro de 2018, e ata o día de hoxe, este servizo tivo un custo de 5016€.
A Oficina  Municipal de Información Xuvenil, que se encarga da xestión deste servizo, atendeu durante o ano 2018 as consultas de 494 mozos e mozas relativas a estudos e formación, bolsas, programas de intercambio, idiomas e campamentos.