Skip to main content
ActualidadeCervo

O Concello de Cervo mellora dúas rúas da urbanización Río Cobo

Por 25 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo segue a traballar na mellora da accesibilidade dos espazos públicos.
Neste intre, estase a actuar en dúas rúas da urbanización de Río Cobo para favorecer o acceso ás vivendas.
O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, estiveron supervisando a obra, acompañados polo pedáneo da zona, Antonio Gallego, e por algúns dos veciños afectados.
Villares explicou que, en concreto, “estes traballos consisten na ampliación das escaleiras que eran a única forma de acceso a dous grupos de vivendas de Río Cobo, e que estaban limitadas ao ancho por unhas xardineiras que estamos demolendo para gañar amplitude e favorecer a colocación de aparellos salvaescadas que poidan resultar necesarios para as persoas con problemas de mobilidade”.
O rexedor precisou que “estes traballos responden a unha liña de traballo que temos marcada desde o Concello encamiñada a facer que as nosas nosas rúas e espacizos públicos sexan cada vez máis humanizados e accesibles para a veciñanza”.
Estas actuacións súmanse ás que xa se levaron a cabo no núcleo de San Ciprián, tamén en diferentes zonas de Cervo e faranse extesibles, pouco pouco, ás diferentes zonas do municipio.