O Resurrection Fest reduce o prezo das entradas para os empadronados en Viveiro

A partir deste venres 1 de febreiro estarán dispoñibles as entradas para o Resurrection Fest a prezo reducido para os empadronados en Viveiro, como sempre nos Claustros de San Francisco.

Como novidade este ano só se poderá pagar con tarxeta, non con efectivo, e os horarios de apertura serán: venres de 09:00 a 14:00

Só poderán gozar destes abonos os censados fai máis de 6 meses e deberá ensinarse o DNI á hora da compra e en taquilla, son estradas nominativas e non tranferibles.

O prezo será de 70 euros para os abonos de 3 días e 140 euros para as Pandemonium. Ambas estarán limitadas e só poderán comprarse ata o 30 de maio.

Etiquetas