Skip to main content
ActualidadeViveiro

Unha obra de teatro abre a programación cultural de Viveiro en febreiro

Por 30 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Neste primeiro trimestre do ano, a programación cultural de Viveiro comeza coa obra A canción elefante, de Redrum Teatro (RGTA), que terá lugar o 9 de febreiro, ás 20:30 horas, dirixida ao público adulto. Ademais, no mes de febreiro, o público infantil, poderá disfrutar das obras Frankenstein. No soy un monstruo, de Pata Teatro (RGTA), e Patapatúm, de Elefante Elegante (RGTA), que terán lugar os días 16 e 23 de febreiro, respectivamente, ás 18:00 horas.
Para o mes de marzo programáronse dúas actuacións destinadas ao público adulto; son Os mellores monólogos de Carlos Blanco (RGTA), que terá lugar o sábado 9, ás 20:30 horas, e Commedia, de Contraproduccións, que terá lugar o sábado 23 de marzo, á mesma hora. Pola súa parte, o público infantil poderá desfrutar de A nena e o grilo máis aló, de Magín Blanco (RGTA), que terá lugar o sábado 16, ás 18 horas.
Finalmente, para o mes de maio o concello organizou dúas obras teatrais que terán lugar no primeiro fin de semana. O sábado 4 de maio, ás 20:30 horas, terá lugar Castrapo, de Os Náufragos; e o domingo 5 de maio, ás 19:30 horas, terá lugar Sainetes e poesía escénica, de Andanzas de Viveiro.