Skip to main content
ActualidadeFoz

A cea baile de coroación da raíña do Entroido de Foz será o 16 de febreiro

Por 31 Xaneiro, 2019Sin comentarios

CEA BAILE COROACIÓN RAÍÑA DO ENTROIDO 2019 foz

A cea baile de coroación da raíña do Entroido de Foz, Sabela Pico Lombán, será o 16 de febreiro, sábado, a partir das dez da noite na Sala Bahía. As tarxetas para asistir hai que retiralas na Delegación de Cultura do Concello de Foz a partir do vindeiro martes, día 5, de 09:00 a 14:00 horas.
O menú da cea está composto por entrantes, sopa de Entroido, costela asada con guarnición, viños tinto e branco, sobremesa, café e chupito. Estará amenizada por Puzzle Animación e o prezo da tarxeta é de 25 euros por persoa.
A retirada de tarxetas farase o 5 de febreiro, martes, e días sucesivos ata o remate das prazas, de 09:00 a 14:00 horas  de maneira presencial na Delegación de Cultura do Concello de Foz, que explica que “unha persoa responsable por mesa retirará as entradas, só para o seu grupo, previo pago das tarxetas e adxuntará unha lista nominativa das persoas que formarán a mesa. Non se reservará telefonicamente nin por outro medio.  As mesas son seguidas con separación de zonas por grupos. Non estará permitida á entrada ás persoas que non asistan á cea e os menores só poderán asistir con permiso e acompañados por un adulto”.
A organización agradece aos asistentes que acudan á cea disfrazados.