Cervo está a instalar o valado no campo de fútbol da Veiga

O Concello de Cervo continúa a mellorar as instalacións deportivas municipais e nesta ocasión, o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, acompañados por varios membros da directiva do C.D. San Ciprián, estiveron supervisando os traballos de valado de todo o perímetro do Campo Municipal da Veiga, que xa comezaron, e que se estima que estean rematados antes do seguinte partido a domicilio, o 17 de febreiro,  ante o Pastoricense.

A actuación, consistente na fixación de valos dun metro de altura, conta cun orzamento de 15.000 euros procedentes das arcas municipais, e ten por finalidade separar o terreo de xogo da zona destinada ao espectador. Ata o momento, só estaba pechado un dos frontais do campo.

 

Etiquetas