Skip to main content
ActualidadeOurol

Novas confirmacións para o Festival Aturuxo de Ourol

Por 31 Xaneiro, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios

A VIII Festival Aturuxo 2019 anunciou a Rosa Cedrón como a súa primeira confirmación logo de celebrar unha cariñosa benvida a Sabela Ramil de Operación Triunfo. O festival, que se celebrará os días 19 e 20 de xullo en Bravos, Ourol, chega á súa oitava edición. A programación vén de confirmar tamén a participación de Farrapos de Gaita, Zënzar, Collón de Lola e Som do Galpom.
Neste festival pódese desfrutar dunha a sesión vermú con música tradicional, un xantar popular, talleres de instrumentos e de bailes, e xa pola noite, de concertos moi variados. Este festival ten unha acampada gratuíta e buses dende a estación de Viveiro ata Bravos. Ademais, é un festival accesible para persoas xordas, xa que hai intérprete de lingua de signos.
Previamente ao gran día do festival, o venres 19, terán lugar actuacións musicais, así como unha gran cea cun prezo aínda sen confirmar. Para rematar, celebrarase unha gran foliada libre.
O sábado 20, o VIII Festival Folk Aturuxo comezará coa sesión vermú que dará paso á comida a prezos populares.
A media tarde comezarán os xogos interxeneracionais e algún obradoiro aínda sen confirmar a súa temática e máis tarde será o tempo das actuacións musicais.