Skip to main content
ActualidadeBarreiros

A Deputación achegou 210.000 euros para renovar os accesos a 20 núcleos de Barreiros

Por 7 Febreiro, 2019Sin comentarios


A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, coñeceu de primeira man os traballos de acondicionamento de varios accesos a núcleos de poboación do Concello de Barreiros, financiados polo Executivo Provincial. En total, o Goberno da Deputación achegou 210.000 euros para a mellora de 20 accesos no municipio mariñán beneficiando, no seu conxunto, a máis de 2.900 veciños.
López Izquierdo supervisou, concretamente, as obras executadas no camiño da Igrexa de Reinante á Casa Panta e no camiño dos colexios vellos, onde se mellorou o firme facilitando o tránsito de peóns e vehículos. A Deputada subliñou que “coa execución destas obras facemos posible que os veciños de Barreiros e da contorna gocen duns accesos totalmente renovados. Cómpre subliñar que se trata de vías que durante a temporada estival dan servizo a preto de 15.000 persoas, dado que o Concello multiplica a súa poboación no verán”.
Cos fondos achegados polo Executivo Provincial acometeuse a renovación dos accesos da Igrexa de Reinante á Casa Panta, camiño dos colexios vellos, Sarxende-Casa do Merlo, de Remior a Villaíde, Camiño Paco o Aparejador e acceso ao campo de fútbol de As Valgas. O Goberno da Deputación tamén achegou financiamento para a mellora de accesos en: camiño do Carajito, camiños nos Campos-San Miguel, Merlin, Remior-acantilado, Viladaide, do Souto, do Cabarqués, San Pedro-ctra de Remior, acceso ó pabellón, Cascabeiro-A Aspera, ponte de Barral-Ponte de Rexa, Rexa, de Igrexa San Xusto ao límite con Lourenzá e acceso á ponte Barranca.