Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAO Vicedo

O Concello do Vicedo organiza para o 19 de maio o Trail Do Caolín ao Fuciño do Porco

Por 8 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Concello do Vicedo organiza para o 19 de maio o primeiro I Trail Do Caolín ao Fuciño do Porco que terá unha competición longa de 25 quilómetros, outra curta de 15 e unha andaina tamén de 15.000 metros. O percorrido da proba, estará próximo aos mil metros de desnivel e partirá do porto do Vicedo ás 9:30 e seguirá polo Caolín cara ao monte en dirección a San Román para chegar ao Fuciño do Porco e volverá pola costa ata o porto.
As inscricións xa están abertas e pecharanse o 17 de maio en www.evedeportnorte.com, e esperan chegar ata os 350 participantes. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para os máis veteranos, para o club máis numeroso e tamén para o máis afastado. Tamén contarán con seguro, duchas gratuítas, e terán descontos para que os competidores alóxense nas Sirenas, Urban e As Areas.