Skip to main content
ActualidadeFoz

A Asociación cultural O Castro acollerá en Foz o estreo da obra Un divorcio no pobo

Por 12 Febreiro, 2019Sin comentarios


O local da Asociación Cultural O Castro, de Vilaronte, acollerá o estreo da obra titulada Un divorcio no pobo, do grupo de teatro Axóuxeres, desta mesma parroquia focense. Será o día 23 deste mes, sábado, ás 21:00 horas.
A obra está dirixida por Benito García Bolaño e a súa estrea en Vilaronte está organizada pola Asociación Cultural O Castro coa colaboración do Concello de Foz.