Skip to main content
ActualidadeViveiro

IV edición do Concurso de Fotografía Amateur do Concello de Viveiro

Por 14 Febreiro, 2019Sin comentarios

A Delegación de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Viveiro convocan a IV edición do Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres para conmemorar o Día Internacional da Muller traballadora (8 de marzo).
A convocatoria rexerase polas seguintes Bases aprobadas por Resolución de Alcaldía do día 6 de febreiro de 2019 e publicadas no tablón de edictos e na páxina web do Concello, xunto coa presente convocatoria.
O prazo de presentación dos traballos será ata o 1 de marzo de 2019. Os premios, que se outorgarán consistirán nun primeiro premio de 300 euros, un segundo de 150 e un terceiro de 100. Para máis información, haberá que dirixirse ao CIM Viveiro ou nos telefonos 982 55 04 21 – 982 56 21 49