A banca ao servizo do cliente

Por Rubén Castro

Como usuarios de banca podemos facernos certas preguntas para saber que significamos para a nosa entidade: por exemplo, estou contento coa entidade na que traballo? Isto é, se me cobra comisións, se teño que chamalos para que as devolva se xa mas cobrou, se debo facer cola para que me atendan, etc. Sabe coidarme? Para responder podemos analizar se me coñece ben para saber que preciso, se me ofrece produtos sen coñecerme, se me obrigan a facer colas cando teño que facer algunha xestión, etc. Coñezo as contas da entidade? O certo é que se estou confiando nunha entidade para gardar os meus aforros, debería ter dereito a coñecer os seus números (ratio de solvencia, morosidade, etc.) para poder escoller a que considere máis segura. Do mesmo xeito que se lle pedimos un préstamo ou hipoteca a unha entidade, antes de dárnolo ou denegalo, pídenos documentación para coñecer os nosos ingresos, débedas, capacidade de aforro, non si?

Aquí van máis cuestións interesantes: cando necesito contratar algún servizo, son transparentes coa información que nos dan? Así, antes de firmar algo cun banco teño que saber como funciona, canto me costa contratalo, que custes vai ter mentres o teña activado; por isto, deben ofrecerme unha comparativa entre servizos parecidos, que non iguais, e explicarme por que é mellor un e non outro. Cando contrato algún servizo que eu necesito, pero me obrigan a contratar algún outro servizo, necesítoo en realidade? Por exemplo, habitualmente cando necesito unha hipoteca fanme ter vinculacións que non preciso para baixar o tipo de interese da hipoteca (isto é, un plan de pensións, un sistema de alarma para a vivenda, etc.). Eso é cuidarme ou fano para ter máis beneficios? Explícanme que é a seguridade financeira?  Moitas veces os bancos venden a seguridade financeira cos produtos garantidos ou similares e, tal como di a CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores), non son garantidos, aínda que así se chamen. Estas preguntas son básicas para darse conta de se a miña entidade está para darme servizo a min ou, polo contrario, me considera un número máis de cliente.

Ante estas preguntas os lectores, poden adoptar unha destas posturas:  1. Son todos iguais, que máis da que me faga esas preguntas. 2. Pode que exista unha banca distinta, pero non ó meu alcance, así que me despreocupo. 3. Quero utilizar esa banca que ten outros valores e que se preocupa polo cliente.

As tres posturas son naturais e comprensibles, pero como clientes, é importante ter toda a información e contrastala antes de decidir. A día de hoxe hai unha serie de compañías e profesionais en tódolos sectores que, aínda que buscan un beneficio, fano dende uns principios e valores que lles fan estar ao servizo do cliente. Dentro do sector bancario, tamén hai entidades con estes principios. Para isto poñen a disposición dos clientes asesores financeiros que teñen como único obxectivo o servizo ao cliente. Para saber en que tipo de entidade estamos a traballar o cliente deberá fixarse que fai o persoal que o está atendendo. Se o persoal se preocupa pola súa situación e busca toda a súa información financeira antes de ofrecerlle ningún servizo financeiro está diante dun profesional dalgunha destas entidades, mentres que si o persoal que o está a atender so fala el, deixa falar moi pouco ao cliente e lle ofrece un produto sen coñecelo, a entidade na que está non traballa con o mesmo obxectivo ca anterior. Por poñer algún exemplo: se a vostede lle preocupa a xubilación, cando pregunte nunha entidade que está ao servizo do cliente, o profesional que o atende pediralle toda a súa situación financeira e fiscal para facerlle un estudo e proporlle o servizo financeiro idóneo para vostede. Antes de firmar o servizo proposto, explicaralle como funciona, os custes que ten e como se beneficiará deste servizo. Polo contrario, se lle intentan vender algún produto sen antes de coñecelo ben, vostede non está preguntando nunha entidade que se preocupa polo servizo ao cliente.

Etiquetas