Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAO Valadouro

A tradicional concentración de motos do Valadouro será do 3 ao 5 de maio

Por 16 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Moto Club Valadouro informou de que a súa habitual concentarción de motos, que este ano chegará á súa XXIV edición terá lugar entre o 3 e o 5 de maio nesta localidade mariñá.

O programa desenvolverase dende as 21.00 horas do venres cunha merenda e o concerto do grupo Contrabando.

No programa figuran diferentes actividades como mercado, rutas, exhibicións acrobáticas  e ruttas. No apartado musical destaca tamén a presencia das orquestra Garibaldi.  A inscrición xa está aberta e será de 35 euros para os que asistan os tres días, 30 para dous días e 20 para os que vaian unha única xornada. A inscrición completa anticipada será de 20 euros.