As novas actividades do programa Catuxa chegarán aos IES de Foz, Alfoz-Valadouro e A Pontenova

Continúa o programa CATUXA, de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes, destinado á poboación adolescente, e promovido pola Mancomunidade de municipios da Mariña Lucense. Neste mes de febreiro as actividades programadas están dirixidas a alumnado de 3º e 4º de ESO do IES de Foz, IES Alfoz-Valadouro e IES Enrique Muruais de A Pontenova.
O alumnado de 3º da ESO do IES de FOZ participará nunha actividade dirixida a desmontar as mensaxes e pensamentos machistas a través da música: analizando e rompendo cancións.

Os días do 18 e 25 de febreiro estará no IES de FOZcoa charla Analizando e rompendo cancións: busca e substitución de mensaxes machistas. O 22 de febreiro no IES ENRIQUE MURUAIS da Pontenova con Intelixencia emocional e habilidades persoais. O 25 de febreiro no IES Alfoz-Valadourocon Intelixencia emocional e habilidades persoais. O 26 de febreiro no IES de FOZ con Analizando e rompendo cancións: busca e substitución de mensaxes machistas. O 26 de febreiro no IES ENRIQUE MURUAIS da Pontenova con Analizando e rompendo cancións: busca e substitución de mensaxes machistas.

Etiquetas