Xa se coñecen os nomes das gañadores do sorteo de San Valentín de Foz

Xa se coñecen os nomes das gañadores e do gañador dos oito premios xentileza da Clínica Maas+Saúde, de Foz, que se sortearon dentro da campaña de San Valentín do Centro Comercial Aberto focense.

Consisten en diferentes tratamentos estéticos. Trátase de 3 sesións de depilación do pack ingles e axilas, 3 sesións de depilación de medias pernas, 1 pack de masaxe reductor-presoterapia e 1 de hixiene facial con ácido salicílico.

As afortunadas e afortunados son: Lourdes Edrosa, que mercou en Ginzo Hombre-Mujer; Mª Luisa Rivadulla, que fixo as súas compras en Librería A Rapadoira; Silvia Martínez; Paula López; Irma Villarino, Malena Maierú e Félix Pernas, que consumiron en pastelería Anduriña; e Ariadna Díaz, que mercou en Sueños Moda Infantil.

O sorteo de agasallos tivo lugar esta mañá en Radio Foz. O acto contou coa presenza de Marta Saa, xerente da Clínica Maas+Saúde; Marta Fernández, neuropsicóloga dese centro; e Ana Segade, xerente do Centro Comercial Aberto.

Etiquetas