Skip to main content
ActualidadeViveiro

Galegas8M A Mariña convocan unha actividade lúdica

Por 26 Febreiro, 2019Sin comentarios

Este xoves 28 de febreiro Galegas8M A Mariña occidental convocan unha actividade lúdico-reinvindicativa en Viveiro Xoves de comadres; trátase  dun encontro festivo e aberto de mulleres, no cal se repartirán trípticos informativos e colocarán mandís nos principais monumentos da vila, para visibilizar a folga de mulleres do 8 de marzo.
O punto de encontro será durante o tapeo no bar A  Ribeira ás 20 horas, e o percorrido cubrirá o casco histórico e Cantarrana. Desde Galegas8m animan a participar disfrazadas e a desfrutar desta actividade a todas as mulleres de Viveiro.