O Concello de Barreiros ten listo o PXOM para a súa aprobación inicial

O alcalde, Alfonso Fuente fixo a presentación das obras de humanización de varias rúas nas inmediacións dos colexios e nas que se investirán 121.000 euros. Anunciou que o PXOM de Barreiros está listo para a súa aprobación inicial.

Sobre as obras de humanización presentadas Fuente explicou que “esta obra que presentamos e que se vai realizar para executar esas beirarrúas, esa iluminación, que era moi necesaria sobre todo no entorno dos colexios, onde está o centro de saúde e o centro sociocultura, e tamén no colexio de San Miguel de Reinante. É unha obra que cremos que vai ser moi boa para todos os veciños, sobre todo nos cascos urbanos máis poboados, que son San Miguel de Reinante e San Cosme”. Na rúa Manuel Porteiro o investimento supera os 88.000 euros e nos accesos ao colexio de San Miguel os 29.000. Para xestión de residuos e seguridade van destinados 2.700 euros, segundo recolle o proxecto presentado.

Etiquetas