A sala de festas Rosa Lar, de Ribadeo, acollerá as actuacións de seis orquestas

A sala de festas Rosa Lar, de Ribadeo, acollerá as actuacións de seis orquestas desde este sábado, 2 de marzo, ata o 6 de abril.

Este sábado celebrarase en Rosa Lar un baile de Entroido coa orquesta Principal. O domingo día 3, a partir das 17:00 horas haberá baile infantil de Entroido no que haberá agasallos para os nenos.

O día 9 de marzo tocarán Los Satélites. O sábado 16 estará La Oca Band, o 23 actuará a orquesta Charleston, o 30 de marzo tocará a Capitol e o 6 de abril estará a Gran Parada.

Ademais Rosa Lar ten cafetería con música ambiental, que abre todos os días, dispón de pantalla xigante de televisión e serve racións, tapas, bocadillos, churros, bollería e todo tipo de bebidas.

Etiquetas