Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Os socialistas denuncian a incompetencia da Xunta na xestión da sanidade pública da Mariña

Por 4 Marzo, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A deputada socialista da Mariña, Patricia Otero, sinalou á “incompetencia e abandono” na xestión do goberno galego como única causa do deterioro progresivo da calidade asistencial na Atención Primaria e Pediátrica en toda A Mariña. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre a falla de persoal e carencias materiais nos centros de toda a comarca.
Otero levou ao Parlamento as protestas de cidadáns, profesionais da sanidade e colectivos diante da falla de cobertura dende o goberno galego, que renuncia a cubrir vacantes e baixas e a reparar as carencias estruturais dos edificios dedicados á atención sanitaria. Así, apuntou ás 2nefastas condicións laborais e o “mangoneo e desatención” nos centros sanitarios de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo, sen pediatra ata o punto de incumprir os calendarios de vacinas.
A xornada reducida imposta ao pediatra de Foz –continuou- provocou colapsos tamén nas localidades veciñas de Alfoz e Valadouro, mentres Viveiro, O Vicedo e Ourol comparten un só pediatra para 2.000 rapaces e rapazas. O PAC de Viveiro non está a cubrir as baixas de persoal, provocando esperas de máis de 10 días porque hoxe hai 4 médicos menos, entre eles un pediatra, nun inmoble con evidentes problemas estruturais.
O Sergas tamén renunciou a cubrir o médico e o PSX vacantes dende abril de 2018 na Pontenova, mentres as 6 enfermeiras do Centro de Saúde de Burela non son substituídas nas vacacións nin nas baixas, chegando a verse tan só con 3 enfermeiras. No PAC de Burela só hai dúas consultas para médicos e 1 para enfermería, nunha localidade que ten que atender ademais aos nenos e nenas de Xove logo de que o Sergas negara a substitución do pediatra.
Otero lembroulle acusou ao conselleiro de Sanidade de tratar aos galegos e galegas “como números, e non persoas con problemas de saúde”, e pediulle que atenda tamén aos alcaldes do PP de Barreiros e Mondoñedo, que coincidiron en reclamar a cobertura da vacante de pediatría.