Skip to main content
ActualidadeViveiro

Unhas 400 persoas participaron no entroido de Viveiro

Por 7 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro tamén tivo o seu Entroido cun concurso de disfraces que obtivo unha participación e no que se repartiron un gran número de premios.

Na categoría adulto individual o primeiro premio foi para Caperucita roja y el lobo, segundo para Buss llay wear e terceiro El rey de la nieves. En parellas foron Non nos moveran, el retorno de los dragones, Os bebes recordado o pasado e o cuarto para As bruxas.

Na categoría grupos gañou Piscilla, despois Los gatos mundos, despois Comunidad amish e por último Comparsa de la onu. Na categoría de comparsa gañaron Os fandangueiros seguido de Trouleiros.

Nas carrozas o primeiro foi para La vuelta a mundo, segundo para El jardín encantado, terceiro para Las chicas del coro e cuarto La sensa de la superstición.

En infantil individual gañaron Fondo de bikini, La mil y una noche e La mosquetera. En parellas infantil gañou a Casa do mar de celeiro. En infantil grupos The plaza team, Los pjmasks e Cuentos infantiles. Houbo un premio especial ao humor para A fachenda da parroquia. Resurretión fest; e un premio a orixinalidade a Loro pak.

Participaron un total de 400 persoas. O Concello foi o encargado de repartir os premios, que ascenderon a un total de 4.760 euros, ademais dos 1.800 que entregou tamén en concepto de axuda ás carrozas. Así mesmo aportou outros 600 euros para subvencionar as Alpuxarradas.

A alcaldesa agradeceur “o seu traballo e implicación dos organizadores do Entroido, que fixeron posible que a pasada edición fose un éxito absoluto.” A elevada participación foi unha constante en cada un dos actos programados, dende as Alpuxarradas que tiveron lugar o sábado no Teatro Pastor Díaz ata o Desfile do Martes de Entroido, sen esquecer o Enterro da Sardiña nin todos aqueles nenos e nenas que o luns se achegaron á Praza Maior para disfrutar, na carpa instalada, do Entroido dos Nenos.