Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A Aula CeMIT de Ribadeo prepara unha charla sobre comercio electrónico

Por 8 Marzo, 2019Sin comentarios

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha charla sobre consumo dixital e comercio electrónico. Será o vindeiro martes, 12 de marzo.
Coincidindo coa Semana Galega do Consumidor, a Escola Galega de Consumo ten programada unha charla sobre consumo dixital e comercio electrónico na que se poderá participar a través da Aula CeMIT de Ribadeo.
Esta charla, que se emitirá por vídeo conferencia desenvolverase de 18:00 a 19:00 horas e está orientada a todos os públicos. A actividade pretende achegar ás persoas consumidoras cales son os seus dereitos e como defenderse como consumidores habituais. Un vez rematada a exposición dos contidos, abrirase unha quenda de preguntas para que os participantes poidan interactuar co poñente e consultar as súas posibles dúbidas.
Nesta xornada analizaranse os hábitos do consumo na rede, centrándose principalmente nas compras e contratacións online. Ademais abordarase a posibilidade de facer compras a través de internet de xeito seguro e explicaranse os pasos a seguir para evitar fraudes. Presentaranse tamén os dereitos específicos das persoas consumidoras dixitais.