Skip to main content
ActualidadeCervoXove

A UMAR desprazarase ao centro de saúde de San Cibrao pola falta de substitución pedíatrica

Por 8 Marzo, 2019Sin comentarios

A UMAR, que tivo que mudar xa a súa ubicación habitual na entrada do hospital a primeira semana de marzo dada a situación de alarma creada pola falta desubstitución da pediatra titular de Xove e Cervo por vacacións, volve a cambiar o que sería a súa localización nun centro de saúde a terceira semana de mes, e adiántase ao martes 12 de marzo, elexindo nesta ocasión o centro de saúde de San Cibrao por ser outro dos epicentros da problemática sanitaria.
A profesional que atende aos concellos de Cervo e Xove atópase de vacacións desde o pasado 20 de febreiro e non se substituiu, obrigando a nais e pais a desplazarse cos nenos e nenas a outras localidades, ao hospital da Mariña ou mesmo a pagar a profesionais privados para que estes recibiran atención pediátrica. Esta situación, que comeza a ser preocupante, non constitúe un feito illado senón que é o modus operandi do Sergas, como vimos advertindo desde este colectivo sanitario. “Pasou hai pouco nos concellos de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo, cando a pediatra colleu a baixa e a intensa contestación social e veciñal conseguiu que o Sergas puxera unha substituta, está a pasar en Cervo- Xove, e volverá a pasar cada vez que unha pediatra de familia da Mariña colla un permiso ou baixa médica”- explica Víctor Vila, portavoz da Plataforma Sanitaria.
Desde este colectivo animan ao pais e veciños de Cervo a que se acheguen ate o centro de saúde de San Cibrao o proximo martes 12 de marzo de 11 a 13 horas e fagan a reclamación colectiva que, sumada ás 150 que se fixeron hai dous días en Xove “agardamos que sexan definitivas para o Sergas ,e esperamos tamén que sirvan para que dunha vez por todas tomen cartas no asunto e solucionen esta situación de emerxencia”- conclúen.