Skip to main content
ActualidadeCervo

Cervo ampliará o Museo do Mar

Por 8 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de iniciar os trámites para ampliar o Museo do Mar, de San Ciprián.
Tal e como informou hoxe o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “xa está en exposición pública na páxina web da Consellería de Medio Ambiente o documento da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal que redactamos para lograr ampliar o Museo”.
O ámbito proposto para levar a cabo a ampliación abranque, ademais do edificio existente, unha edificiación privada empregada antigamente como vivenda.
Nestes terreos que se plantexan para o aumento do Museo establécese a ordenanza Residencial mixta propia de espazos en ordenación aberta, destinados a usos dotacionais ou servizos de interese público tales como escolar, deportivo, recreatrivo, relixioso, sanitario ou asistencia.
Este cambio nas condicións urbanísticas permitirá pois o uso dotacional da superficie total que é de 2.568  m².
Tal e como explicou Villares “esta modificación é o documento de partida para conseguir o obxectivo do Concello de Cervo que pasa por incorporar o terreo contiguo para a ampliación do Museo para desfrute público, mellorando a calidade e a funcionalidade desta dotación cultural e favorecendo a posta en valor do noso patrimonio cultural”.