Skip to main content
ActualidadeFoz

Nova edición das xornadas de pesca con señuelos de Foz

Por 8 Marzo, 2019Sin comentarios

A nova edición das xornadas de pesca con señuelos que organiza a asociación A Ribeira de Foz en colaboración coa tenda Kukadas xa teñen data e programa de actividades. A cita desenvolverase os días 30 e 31 do próximo mes de marzo.
Estas xornadas engloban charlas sobre técnicas e materiais, e probas prácticas do material nun esceariio real. Este evento, que cada ano ten máis participación, está aberto a todo o público, e é un referente para todo o Norte peninsular.
O programa arrincará o sábado 30 ás 11:00 horas con charlas técnicas abertas. Fred Orlach falará sobre Pasado, presente e futuro do fiiish, a pesca con señuelos brandos será obxecto doutro relatorio ás 12:00 horas e despois haberá un debate sobre Futuro da pesca con señuelos brandos.
Trala comida, que será ás 13:45 horas, haberá unha exhibición no porto programada para ás 16:30 horas. E xa o domingo haberá prácticas de pesca en distintas praias con asesoramento dos integrantes das firmas Fiiish e El Pez Rosa dende ás 7 da mañá, tralas cales producirase a comida de despedida cos asistentes.