Skip to main content
ActualidadeXove

O Concello de Xove rematará o paseo de Morás antes do verán

Por 8 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello de Xove está inmero en varias obras nestes momentos, dúas delas aínda están en licitación e son a construcción dunha nave de obras para o propio concello e a ampliación da depuradora de Caínzos en Xove, as dúas faranse con fondos propios e ascenden entre as dúas a preto de 800.000 euros. Ademais dende o Concello dín que pretenden adxudicalas xa a semana vindeira.
O proxecto máis ambicioso que o Concello do Xove ten en marcha, xunto con Costas do Estado, en Morás ten un investimento de 360.544 euros. Este orzamento está a desenvolver o paseo de Morás, unha ruta etnográfica cun área recreativa, ademais de preparar toda a contorna ata o Portiño de Morás xa que “porque xa aproveita para mellorar as canalizacións e ademais aproveitan para soterrar as liñas electricas” di o alcalde. Contan que esté listo para desfrutar este verán.
Estas obras converterán o espazo da baleeira nun parque e área recreativa. Xa hai colocados oito dolos de formigón armado de 53 toneladas cada unha. Co seu característico deseño, empregáronse na construción dos espigóns do porto de Alcoa e foron deseñados de xeito que se enlazaran entre sí a modo de puzzle para que puideran resistir a acción das ondas do mar.
No espazo comprendido entre as antigas baleeiras e o Portiño de Morás construirase un paseo peatonal de madeira con alumeado e mobiliario urbano, un acceso á praia e colocaranse paneis informativos co pasado baleeiro de San Cibrao.
As obras, que comezaron en decembro, teñen un prazo de execución de seis meses e a súa execución corre a cargo da empresa pública Tragsa.