Skip to main content
ActualidadeAlfoz

VIA Alfoz organiza unha ofrenda floral para a semana da muller

Por 8 Marzo, 2019Sin comentarios


Seguindo a iniciativa levada a cabo nos últimos anos VIA Alfoz organiza unha ofrenda floral para celebrar a semana da muller, “coa intención de facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e, sobre todo, a todas as mulleres de Alfoz, a aquelas que nos deixaron e que traballaron por este concello, e ás que están a loitar polo futuro do seu pobo onde queren poder seguir traballando”. O evento, levarase a cabo o vindeiro domingo 10 de marzo ás 12:30 horas nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro, “estando convidados todos os veciños e veciñas que libremente queiran participar no acto2 tal e como apuntan desde VIA Alfoz.
Carmen Geada, Concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Alfoz, lerá un manifesto enxalzando o enorme traballo das nosas mulleres e, posteriormente,  depositaranse doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo de Castro de Ouro, “a cor branca simboliza a paz e os doce os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días”, apunta Geada.