Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Planta de Galicia certifica a dous viveiros lucenses

Por 10 Marzo, 2019Sin comentarios

Entregouse o certificado de calidade á Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) para o seu uso na distinción da planta ornamental de Galicia. Para a certificación deste viveiros Galicia Calidade impulsou xunto con Asvinor, a Fundación Juana de Vega e Agaexar (Asociación de Empresas de Xardinería) a norma de calidade Pranta Ornamental de Galicia, unha iniciativa pioneira en España e que permitirá diferenciar un produto dunha calidade tan contrastada e recoñecida nos mercados nacionais e internacionais como é a pranta ornamental galega.
Esta norma pretende homoxeneixar a planta producida en distintos viveiros da comunidade, establecendo un catálogo de producións, incluíndo as producións nas bases de construción e arquitectura da paisaxe e establecendo o distintivo Planta de Galicia, que irá acompañado da marca Galicia Calidade.
Entre os viveiros que poderán lucir o distintivo atópanse dous viveiros atópanse na provincia de Lugo, Viveros Cabaleiros en Lourenzá e Viveros Costa de Lóngaras de Abadín.