Foz, Plataforma de Futuro pide unha barandilla para o parque Martínez Otero

A formación política Foz, Plataforma de Futuro (FPF) reclama ao goberno local popular que substitúa a barandilla do parque Martínez Otero, xa que consideran que a existente “dá vergoña e pena vela, ademais de que resulta moi perigosa”, ademais de que atópase nunha zona que nos últimos anos foi mellorando.

Outra das melloras que piden é a da rede da pista polideportiva de Nois, que foi retirada pola denuncia do grupo municipal polo seu mal estado e  “que entendemos que é necesaria a súa reposición para garantir a seguridade dos nenos que usan esa instalación ” engaden. Tamén reclaman o cambio da reixa que recolle a auga na remodelada rúa Fonte da Criz, ao considerar que dificulta o paso de vehículos e que afea unha zona con novas beirarrúas.

Etiquetas