Skip to main content
ActualidadeFoz

O Fondo Nois Foz votará para ter xornada única

Por 11 Marzo, 2019Sin comentarios

Os pais do colexio Fondo Nois de Foz queren a implantar a xornada única no centro para o vindeiro curso. Segundo indicou o director, Juan Benito, emitíronse 104 votos, dos cales 72 foron a favor da implantación da nova xornada, 30 en contra e dúas nulos.
Agora a dirección do centro deberá remitir toda a documentación á xefatura territorial de Educación, que será a encargada de autorizar en última instancia a aplicación do acordo adoptado polos pais a través das votaciones.
A posta en marcha da nova xornada require o apoio do 58% das familias censadas no centro educativo, un dato co que cumpre o centro tralos resultados obtidos. Segundo explicou o director, o novo horario de clases empezaría ás 9:30 e acabaría ás 14:30 . Ata as 15:30 sería a hora da comida e o transporte sairía ás 16:30, esa hora será para o lecer dos máis pequenos no centro. Polo tanto, a nova xornada non implicará cambios nos servizos de comedor e transporte que oferta o colexio para as familias dos alumnos matriculados.
O colexio Fondo Nois foi dos últimos colexios en sumarse á xornada única, despois de que a semana pasada o colexio de Cervo e o Caselles Rollán de Xove tamén aprobasen aplicar os novos horarios nos respectivos centros trats a consulta ás familias dos alumnos.
Tamén estes dous colexios elixiron a opción desta xornada, que xa hai implantada noutros centros da comarca, por unha maioría dos votos emitidos.
No colexio de Xove únicamente rexeitaron a proposta 23 familias das 146 afectadas e 13 non acudiron á votación. No caso de Cervo, 101 familias emitiron o seu voto e 22 opuxéronse á medida, mentres 11 non acudiron a votar