Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXARibadeo

O Club Atletismo de Ribadeo presenta nova equipación

Por 12 Marzo, 2019Sin comentarios

O Club de Atletismo de Ribadeo presentou a súa nova equipación nas últimas horas. Fíxoo nas inmediacións do Pazo de Ibáñez. Xunto a membros e directivos do club ribadense estiveron tamén os seus patrocinadores: Caixa Rural e Seguros Axa.

O Club de Atletismo de Ribadeo, creado no ano 2006, está composto por medio cento de deportistas. Desde a  directiva subliñan que “aquelas persoas amantes do atletismo, que poidan estar interesadas en formar parte do club ribadense, poden contactar con nós a través do noso facebook”.

A nova equipación do Club de Atletismo de Ribadeo estreouse con éxito no Campionato Galego de Atletismo Máster.