Organizan unha charla formativa sobre a velutina en Burela

A Concellería de Medio Ambiente organiza unha charla sobre a vespa velutina que terá lugar o vindeiro venres, 15 de marzo, ás 20:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Nesta actividade formativa explicarase como evitar que se instalen niños de velutina preto das vivendas, as técnicas de trampeo de raíñas para os cidadás en xeral e para os apicultores, así como atraíntes e tipos de trampas. Tratarase ademais o ciclo da velutina, niños reais e diferenciación.

A charla correrá a cargo de José María Vázquez, xerente de SERPA, control de pragas, inventor e investigador de campo.

A actividade está organizada poloo Concello de Burela, a través da Delegación de Medio Ambiente, coa colaboración de SERPA.

Noelia Mª Ben anima asistir a esta charla de interese para moitos veciños e veciñas de Burela e da comarca da Mariña.

Etiquetas