Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A obra ‘A Nena e o Grilo Máis Aló’ representarase en Viveiro o 16

Por 13 Marzo, 2019Sin comentarios

O vindeiro sábado 16 de marzo terá lugar no teatro Pastor Díaz de Viveiro a representación da obra de teatro A Nena e o Grilo Máis Aló de Magín Blanco e Pepablo Patinho.

A representación terá lugar a partir das 18:00 horas e está destinada a público infantil de máis de tres anos.

Sinopse

A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña… Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a travEs da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

A Nena e grilo máis aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte?