Unha veciña de Xove cumpre cen anos

O martes 12 de marzo o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, visitaron a Josefa Domínguez, que cumpreu 100 anos. O alcalde e a concelleira acudiron ao domicilio desta veciña en Morás, onde a acompañaban os seus familiares  para celebrar este día, facéndolle entrega dun ramo de flores e unha tarta de aniversario. Aos seus 100 anos, Josefa fixo gala do seu bo humor e simpatía.

 

Etiquetas