Skip to main content
ActualidadeCervo

Comeza a construción dunha pista para aeromodelismo en Cervo

Por 18 Marzo, 2019Sin comentarios


O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou acompañado de técnicos municipais e de profesionais da industria do aeromodelismo, as obras da pista experimental de aterrizaxe e despegue que vén de comezar a construír o Concello no Polígono de Cuíña, e que supón un investimento superior aos 40.000 euros.
Tal e como explicou o rexedor “a nova infraestrutura, froito  dun contacto constante que vimos mantendo con empresas e técnicos do sector, permitirá situar a Cervo á cabeza en Galicia deste tipo de voos non tripulados, xa que é a primeira pista destas características a carón do mar, que permitirá nun futuro próximo facer probas e utilizar drones para transporte”.
Villares precisou que desde o Concello “cremos e apostamos por este innovador proxecto desde o primeiro momento porque vimos nel unha gran oportunidade de futuro para o noso municipio”.